como utilizar alarmas en windows 10

Como utilizar a aplicación Alarmas e reloxo

Rexeitar ou pospoñer alarmas

As alarmas soarán aínda que a aplicación estea pechada, o son estea silenciado, o PC bloqueado ou (nalgúns portátiles ou tabletas novos que dispoñen de InstantGo) en modo de suspensión. Pero non funcionan cando o PC está hibernando ou apagado.

Asegúrate de manter o PC conectado a unha toma de corrente de CA para evitar que hiberne.
Para pospoñer ou rexeitar unha alarma:
Na notificación emerxente, selecciona Rexeitar para desactivala ou Pospoñer para que volva soar despois dun breve período.
Se se pecha a notificación antes de acceder a ela, selecciona a icona do centro de actividades da esquina inferior dereita para vela nunha lista e selecciónaa dende alí.
Se a pantalla está bloqueada, a notificación da alarma aparecerá na parte superior da pantalla de bloqueo e poderás desactivala dende alí.

Novidades

A aplicación Alarmas e reloxo combina un espertador con reloxos de todo o mundo, un temporizador e un cronómetro. Cousas que podes facer con esta aplicación:
Escoitar, pospoñer e rexeitar alarmas aínda que a pantalla estea bloqueada ou o son silenciado
Escoller sons diferentes ou a túa propia música para unha alarma
Comparar horas de todo o mundo

Reloxos do mundo

A continuación indícase como engadir unha localización e como comparar horas de todo o mundo:
Na aplicación Alarmas e reloxo, selecciona Reloxo internacional e , a seguir, Novo + na parte inferior.
Introduce as primeiras letras da localización que desexes e, a continuación, escóllea na lista despregable. Se non ves a localización que desexas, introduce outra localización que estea no mesmo fuso horario.
Selecciona Comparar horas (os 2 reloxos da parte inferior) e, a continuación, move o cursor da barra de desprazamento para elixir unha nova hora para comparar. Selecciona unha localización no mapa para modificar o lugar ao que fai referencia o cursor da barra de desprazamento.
Para saír do modo Comparar horas, selecciona o botón Atrás ou preme Esc.

como utilizar alarmas en windows 10
como utilizar alarmas en windows 10

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *