corrixir as conexións a dispositivos de audio bluetooth e pantallas sen fíos en windows 10

Corrixir as conexións a dispositivos de audio Bluetooth e pantallas sen fíos

Audio Bluetooth

Se ao premer o botón Conectar do centro de actividades, non se atopa o dispositivo, tenta o seguinte:
Asegúrate de que o dispositivo de Windows admite Bluetooth e está activado. Verás un botón Bluetooth no centro de actividades.


Se non ves o botón Bluetooth, tenta actualizar o controlador do dispositivo. Como facelo: vai a Inicio, escribe Xestor de dispositivos, selecciónao da lista de resultados e, a seguir, no Xestor de dispositivos, localiza o teu dispositivo, preme co botón secundario (ou mantén premido), selecciona Actualizar software do controlador, selecciona Buscar automaticamente software do controlador actualizado, e, a seguir, segue o resto dos pasos.
Se Bluetooth está activado e o controlador está actualizado, pero o dispositivo segue sen funcionar, tenta eliminalo e volver vinculalo. Como facelo: vai a Inicio, escribe Dispositivos, selecciona Bluetooth, selecciona o dispositivo, selecciona Eliminar dispositivo e, a seguir, tenta vinculalo de novo,
Asegúrate de que o dispositivo de audio habilitado para Bluetooth está activado e é detectable. Isto varía segundo os dispositivos, así que comproba a información que se entregou co dispositivo ou vai ao sitio web do fabricante.

Dispositivos Miracast

Se ao premer o botón Conectar do centro de actividades, non se atopa o dispositivo, tenta o seguinte:
Asegúrate de que o dispositivo Windows admite Miracast mediante a comprobación da información que se entregou co mesmo ou vai ao sitio web do fabricante.
Asegúrate de que a Wi-Fi estea activada.
Asegúrate de que a pantalla que queres proxectar admite Miracast e de que estea activada. En caso contrario, precisarás un adaptador Miracast (tamén denominado “chave”) que se enchufa nun porto HDMI.

Dispositivos WiGig

Se ao premer o botón Conectar do centro de actividades, non se atopa o dispositivo, tenta o seguinte:
Asegúrate de que o dispositivo Windows admite WiGig e de que estea activado. Se o computador admite WiGig, verás un botón WiGig en Configuración > Modo avión.
Asegúrate de que a pantalla admite WiGig. En caso contrario, precisarás unha base WiGig.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.